O niño, un espazo que pretende ser unha extensión do fogar e onde os máis pequenos poderán sentirse seguros para moverse libremente, xogar e explorar.
O chío
O chío, unha aula onde gañar autonomía e confianza. Preparada para fomentar o desenvolvemento de habilidades sociais e integrada coa nosa zona exterior.
O voo
O voo, un espazo amplo no que os nenos e nenas poderán espertar a súa curiosidade grazas á diversidade de recunchos e materiais. Aula preparada para gañar independencia, desenvolver a linguaxe e mellorar habilidades sociais.